O Patrimonio de Salvaterra a golpe de click

Coñece dun xeito sinxelo e didáctico a riqueza patrimonial das dezasete parroquias que compoñen o concello de Salvaterra de Miño

Patrimonio etnográfico

Patrimonio arquitectónico

Patrimonio arqueolóxico

Posta en valor

Paisaxismo e natureza

Participación cidadá

Que é 17 Parroquias?

Este sitio web ten por obxectivo dar continuidade ás exposicións adicadas ao patrimonio de Salvaterra baixo o nome do proxecto 17 Parroquias, nado no ano 2018 coa primeira exposición adicada á parroquia de Uma, por ser a que esta a maior distancia do centro da vila, separada tamén de forma xeográfica do resto do Concello.

No ano 2019 tivo lugar na parroquia de Alxén a segunda edición deste tipo de exposición, que pretende dar a coñecer aos veciños e veciñas o patrimonio material e inmaterial que hai no noso Concello, descoñecido para a gran maioría.

Cales son os seus obxectivos?

Lazoiro forma parte da Rede do Patrimonio Cultural, impulsada pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego e na que participan numerosos colectivos.

Por iso compartimos os mesmos principios fundacionais: a defensa, concienciación, difusión, valorización e investigación do patrimonio cultural galego, axudando a transmitilo nas mellores condicións posibles ás xeracións futuras, neste caso dende un eido máis local, Salvaterra